Cooperación con Saúde Mental A Mariña

Galicia latente coopera co proxecto “Conecta co mar. O mar é vida”, da Asociación Saúde Mental A Mariña. É un proxecto baseado na realización de actividades vencelladas ao coñecemento e posta en valor do patrimonio cultural marítimo pesqueiro, e de sensibilizacióne coidado do medio mariño, a través da cultura marítima para incrementar o benestar psicolóxico e social das persoas con enfermidade mental, achegándoas dunha maneira activa e consciente ao mundo do mar.

Voltar