Unha receita cultural para a saúde integral
A OMS dinos que non, e a psiquiatría fai énfase na trascendencia dos códigos identitarios. A autoestima e o sentido de pertenza son piares esenciais da saúde. Perder as referencias culturais non é nostalxia: é un factor de risco para a ansiedade e a depresión, e tamén é perder valores.
Por iso nace o Comprimido Identitario: unha experiencia guiada para interiorizar, o teu territorio e o teu porvir. Non é turismo. É integridade.
Suecia, Canadá, Portugal e Xapón xa receitan prácticas culturais como medicina complementaria. Galicia ten potencial para estar na vangarda mundial da saúde cultural, porque aquí a cultura latexa na rúa.
Podes pedir o teu Comprimido enviándonos un email, ou en calquera dos puntos adheridos.
Descubre o que latexa agora ao teu carón. Porque a túa saúde tamén ten enderezo.