O Ecomuseo Latente é unha proposta itinerante de divulgación e cohesión da cultura galega. É un formato que ten como singularidade achegar encontros de reflexión sobre aquelo que nos determina e nos conforma, a espazos que a miúdo están fora dos circuitos culturais. Con esa motivación procuramos achegar resoancias a diferentes latitudes de Galicia e alén dela.
Nesta xanela damos testemuña das principais achegas que imos tecendo e mantemos aberta a axenda a novas propostas.
Neste mapa poderedes ver actualizado unha escolma das iniciativas emerxentes que están a xurdir no eido da cultura galega.
Este apartado forma parte dunha pescuda sobre o sentimento de identidade cultural galega. Tenta recoller e ofrecer a percepción social sobre a cultura galega. Por medio desta votación poderedes participar neste estudo aportando a vosa valoración sobre as 8 áreas culturais propostas. Así mesmo tentamos ofrecer unha autoavaliación dos valores persoais e identitarios de quenes fagades a votación.