OBSERVATORIO DA IDENTIDADE CULTURAL GALEGA
VOTACIÓN DE VALORES
Este apartado forma parte dunha pescuda sobre o sentimento de identidade cultural galega. Tenta recoller e ofrecer a percepción social sobre a cultura galega. Por medio desta votación poderedes participar neste estudo aportando a vosa valoración sobre as 8 áreas culturais propostas. Así mesmo tentamos ofrecer unha autoavaliación dos valores persoais e identitarios de quenes fagades a votación.
GALICIA LATENTE
ELECCIÓNS DE VALORES
O Ecomuseo Latente é unha proposta itinerante de divulgación e cohesión da cultura galega. É un formato que ten como singularidade achegar encontros de reflexión sobre aquelo que nos determina e nos conforma, a espazos que a miúdo están fora dos circuitos culturais. Con esa motivación procuramos achegar resoancias a diferentes latitudes de Galicia e alén dela.
Nesta xanela damos testemuña das principais achegas que imos tecendo e mantemos aberta a axenda a novas propostas.
Xa nos comezos de ´Galicia latente´ consideramos que esta visión holística tiña que contar cun foro que analice e déa testemuña do acontecer da identidade cultural galega, e a súa dimensión, tanto na escea persoal como na comunitaria, ou mesmo nun plano de país.
Como adianto compartimos unha peza audiovisual que reflicte a urxencia deste foro para a súa transformación en accións valorizadoras das identidade.