ENCONTROS
Son dinámicas de cohesión social
Compartimos narrativas de autocoñecemento.
Xa nos comezos de "Galicia latente" consideramos que esta testemuña da Galicia contemporánea tiña que contar cun estudo que analice e dea conta do acontecer da identidade cultural galega, e a súa dimensión, na escena comunitaria, máis nun plano de país.
Como adianto compartimos unha peza audiovisual que reflicte a urxencia deste estudo, para a súa transformación en accións valorizadoras da identidade cultural galega.
Axúdasnos a construír un estudo sobre a identidade cultural galega?. Coa túa colaboración poderás contribuír a elaborar un informe sobre a percepción contemporánea da identidade cultural galega.
Aporta a túa valoración sobre as 8 áreas culturais propostas.
Son dinámicas de cohesión social
Compartimos narrativas de autocoñecemento.
A Rede da Identidade Cultural Galega atópase ubicado dentro dun terreo anexo ás instalacións do Teatro das Cortes, (antigas cortes de vacas). A iniciativa xéstase ao abeiro da colaboración do proxecto Galicia latente, a Asociación Volta e Dálle e o propio Teatro das Cortes. Así mesmo conta coa colaboración de máis de 40 entidades, sociais, públicas e culturais.
A temática centrada na divulgación da identidade cultural galega, xunto coa súa contextualización nunha pradeira, convirten esta achega nunha singularidade onde o valor é a simbiose da cultura e natureza (con horizonte, un espazo activo, sen paredes e libre de orzamentos limitantes). O lugar componse de 3 exposicións que reflicten diferentes realidades do acontecer da cultura galega. A exposición central componse dunha instalación permanente configurada por 30 imaxes-realidades da Galicia comtemporánea. A innovación da cultura galega está disposta nunha carpa de exposicións temporais con diferentes temáticas e monografías. Unha terceira área interactiva alenta ás persoas visitantes a participar nunha votación de valores para un estudo sobre o enriquecemento identitario.
Percorre o bosque de imaxes -aconteceres- da identidade cultural galega. Podes facer a visita coa audioguía dende o teu móbil, escaneando o código QR do panel expositivo.
Aquí coñecerás iniciativas innovadoras que están a definir a cultura galega. Na carpa poderás ver unha escolma da innovación cultural galega.
Procura 8 fitos da identidade agochados na contorna do espazo expositivo. Cando os atopes participa na enquisa da web: www.galicialatente.com